Curiosidades da vida lévannos a feitos como o que lle toca vivir ao Club Vista Alegre SD nesta tempada 2023-24. Pois as coincidencias fan que o equipo que no seu día fundaron no compostelán barrio de Vista Alegre -alá pola tempada 1948-49- estea ante o seu 75 aniversario. Unha data que entre os vistaalegristas quere dicir moito.
Así as cousas e despois dunhas campañas un tanto desnortadas con ese intento por volver ás categorías nacionais por camiños escabrosos, os veciños de Vista Alegre deron un paso á fronte e puxéronse ao choio para continuar coa historia do club dos seus amores. Para iso, recuperamos o nome histórico da entidade que un día crearon aqueles mozos en idade infantil: “Merrellas”, “Lito Quan” e “Chispa”. E esa será a nosa homenaxe a todos os que nestes case 75 anos han defendidos as cores deste gran club.
Polo pronto, repetimos e este curso recuperarase o nome da entidade azulgrana (CLUB VISTA ALEGRE SD) e que tantos e bos recordos ten entre os moitísimos seguidores. Con esta mensaxe, que día tras día chéganos das rúas que conforman este barrio tan amplo, a actual directiva xunto cun grupo de colaboradores que no seu día defenderon as cores azul e semente, póñense en marcha para que a entidade renaza das súas cinzas.
O gran obxectivo é que os veciños e os que aman a este entrañable club é recuperar a identidade que tantos anos tivo e que non é outro que os mozos de Vista Alegre sentan orgullosos de defender unhas cores e un nome que sempre foi exemplo de como se fan as cousas ben.
Xa estamos de volta. Ese vai ser o lema para estas próximas e duras tempadas que nos veñen por diante. A ilusión de todos fará que as dificultades sexan menores e ao final todos estaremos contentos de volver ser aquel querido CLUB VISTA ALEGRE SD.